Outes celebra as Letras Galegas cun contacontos e cos premios do Certame de Poesía Francisco Añón

10 Maio 2021
O poeta local Francisco Añón

O Concello de Outes compartiu con nós o seu programa do Día das Letras Galegas. Comeza este 11 de maio cun contacontos, Aquelando as nosas letras con Xela. Será na Biblioteca de Outes e virá da man da compañía A Run Run. Haberá prazas limitadas polo que hai que anotarse chamando ao teléfono 981 850 950.

Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas

Por outra banda, o propio día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 17:30 horas, volverá celebrarse na Casa da Cultura a gala de entrega de premios do XXV Certame de Poesía Francisco Añón. Este premio organizado polo Concello cumpre 25 anos e pretende promover os valores creativo-literarios na nosa lingua. Haberá prazas limitadas para garantir as normas de prevención sanitaria e as persoas interesadas en asistir deberán chamar ao teléfono 981 850 950.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.