Os usuarios de Amicos levan a cabo unha limpeza de fondos mariños na Illa de Sálvora

22 Maio 2021

Dende a Asociación Amicos a través do proxecto RE-MAR no día de hoxe levan a cabo un acto de limpeza de fondos de residuos mariños na illa de Sálvora coa axuda de varios buzos membros de Náutica Medusa, de Vilagarcía de
Arousa.
Ademais da limpeza, identificación, clasificación e separado dos residuos que se recolleron, fixemos un bautismo de buceo para as persoas con discapacidade intelectual gracias aos membros da Náutica Medusa. Os nosos compañeiros Alfonso Pérez e Miguel Cancelas, xunto cunha técnico de desenvolvemento, Vanesa Tubío, puideron probar por primeira vez a mergullarse nas augas de Sálvora.
Acompañáronos nesta xornada o Concelleiro de Relacións Institucionais, Promoción Económica e Turismo do concello de Ribeira, Ramón Doval Sampedro e a súa compañeira, a Concelleira de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Ana Barreiro Rego, ques valoraron positivamente a iniciativa.
“Temos que deixar para os nosos fillos e os nosos netos, un entorno máis sostible. Por iso recoñecemos a labor que está facendo AMICOS e esperamos aprender desta xornada”, comentou Ramón Doval.
“Con estas actividades potenciamos o coidado do medio ambiente coa discapacidade intelectual como motor de cambio. É importante realizar activismo medioambiental, pois non hai un plan b para o planeta” sentenciaba Xoan España, Director Xeral da asociación .
“Foi moi divertido e non tiven nada de medo, gustaríame repetir a experiencia” explicaba ilusionado Alfonso Pérez, usuario con autismo da Asociación Amicos.
O nosos compañeiros da Náutica Medusa de Vilagarcía de Arousa retiraron arredor de 20 quilogramos de residuos do fondo mariño, procedentes de artes de pesca fantasma como nasas, redes, áncoras… que logo clasificaron e retiraron da illa de Sálvora.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.