Os audiovisuais de Unha palabra para Xela, no Portal da Lingua

04 Maio 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para…, que desta vez terá como protagonista á autora Xela Arias Castaño, a poeta homenaxeada este ano na festa do 17 de maio. A iniciativa que se encadra no marco da programación institucional Letras Galegas 2021 ten como obxectivo a divulgación da vida, da figura e da obra da autora homenaxeada. Podemos ver algunhas das contribucións deste ano no Portal da Lingua.

A iniciativa Unha palabra para Xela contará coa participación de académico/as da lingua galega, familiares e amigos que tiveron relación coa autora. Cada un deles elixe en cadansúa peza audiovisual unha palabra que destaca a calidade que mellor define á homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra que valore especialmente.

Neste caso, os participantes inclúen a palabra nena, inconforme, transgresión, editora, entre outras para que tódolos termos vaian debuxando ao longo de 31 pílulas audiovisuais un retrato colectivo. Ademais a presentación permitirá desfrutar das lecturas de fragmentos de poemas e textos da autoría de Xela Arias, que conformarán un retrato sinxelo e plural da autora arredor do 17 de maio.

Por último, a programación audiovisual das Letras Galegas 2021 permitirá a todo quen queira participar a través das redes sociais mediante o cancelo #unhapalabraparaXelaArias, e que servirá para espallar estas pílulas diariamente no Portal da Lingua Galega e nas Internet.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.