O espectáculo Hell Brothers de Cirkompacto chega este venres a Boiro

18 Maio 2021

Este venres 21 de maio estarán en Boiro os integrantes de Cirkompacto para presentar o seu espectáculo teatral Hell Brothers, unha cita moi indicada para público infantil e familiar. A sesión comezará ás 20.00 horas na praza do Concello. A reserva de entradas hai que facela online a través da web municipal.

Cirkompacto é a unión creativa de Iván Casanova e Malala Ricoy. Trátase dunha compañía centrada en mesturar o circo e as artes escénicas, poñendo o foco nun terceiro ingrediente: a educación social

Sinopse

Rejhuz e Glakghs Setén son fillos de Satanás. O seu pai decide botalos do inferno para que aprendan a gañar o mal por si mesmos. Rejhuz, o maior, é un ególatra que chega á terra disposto a dominar a humanidade pero… que van atopar? Son estes dous pobres diaños tan malos como presumen?

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.