O Concello da Pobra convocou as probas selectivas para unha bolsa de emprego para socorristas

24 Maio 2021

O Concello da Pobra convocou as probas selectivas para dar forma a unha bolsa de emprego para socorristas. Levaranse a cabo mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal dos postos de traballo. As persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos mínimos segundo o cargo.

No caso de que se queira optar a contratos supeditados á subvención da Xunta dentro do programa de Salvamento e socorrismo, as persoas candidatas deberán estar rexistradas nas oficinas de emprego do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) como demandantes de emprego para o posto de socorristas.

Os interesados terán que solicitar a súa participación mediante unha instancia dirixida ó alcalde, segundo o mencionado nas bases. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no  BOP.

Doutra banda, os que opten por presentar a solicitude en correos, farano nun sobre aberto. Ademais, no caso de que se presente a instancia noutro rexistro público diferente ó da Administración local pobrense, as persoas solicitantes precisarán remitir unha copia escaneada da instancia ó enderezo electrónico rexistro@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...