O alumnado de Boiro asistiu á representación do espectáculo Pequenas grandes maxias do Mago Teto

O alumnado do concello de Boiro asistiu á representación do espectáculo Pequenas grandes maxias do Mago Teto. O espectáculo, de ilusionismo adaptado a público infantil e familiar, celebrouse na mañá deste 20 de maio na Casa da Cultura.

A actividade está incluída dentro da programación que a Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza durante o mes de maio. En total acudiron 200 alumnos e alumnas dos CEIP Praia Xardín e Santa Baia.

A programación cultural do mes de maio, continua este venres ás 20:00 horas co espectáculo Hell brothers de Cirkompacto, Doutra banda, o día 29 de maio está prevista unha xornada de lecer en familia no estuario do río Coroño con dúas funcións do espectáculo Extra de Paco Nogueiras, ademais dunha función de Cicanelo co Pallaso Fredi.