No Son, o Castro de Baroña será obxecto de traballos para asentar elementos danados este inverno

06 Maio 2021

O Castro de Baroña precisa un importante labor de mantemento continuo no tempo e, tamén, traballos concretos e urxentes para evitar o deterioro e esboroamento de determinados elementos do xacemento. Así o entende o Concello de Porto do Son, que de xeito complementario ao seu plan a catro anos para levar a cabo iniciativas que aseguren o futuro do Castro, habilitou unha partida de 40.000 euros para desenvolver traballos concretos e puntais de conservación.

Estes labores centraranse en asentar estruturas que se viron afectadas polo tren de temporais do pasado inverno, amais dunha escavación coa que tamén se pretende asegurar elementos clave do recinto castrexo.

Máis melloras

Amais do devandito e indo máis alá do provisional, o Concello está a traballar dende varias frontes para protexer e pór en valor un dos grandes tesouros históricos da nosa comarca: o Castro de Baroña. Así, impulsouse unha iniciativa para converter a contorna do xacemento nun espazo inclusivo e accesíbel, polo que xa se iniciou o proceso para expropiar os terreos precisos para favorecer a requirida accesibilidade (o paso previo ao inicio das obras de habilitación da senda accesíbel que permitirá aos colectivos de persoas con mobilidade reducida chegar a rentes do castro).

De xeito paralelo a este proceso, quérese avanzar na protección do poboado e a súa contorna, prexudicado estes últimos anos non só polos factores climáticos e naturais, senón tamén (e sobre todo) pola acción humana e o elevado número de visitas (máis de 100.000 ao ano). Neste senso, o Concello e a Consellería de Cultura xa están a traballar conxuntamente para mellorar a protección do castro e avanzar na súa conservación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.