No Son incautados mais de 6.000 quilos de sardiña

06 Maio 2021
Remitido

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña xunto co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, incautouse en Porto do Son de 6.080 quilogramos de sardiña no cerqueiro “Novo Touriñán”, con base en Camariñas.

Os feitos ocorreron durante a realización dun operativo conxunto para o control da actividade pesqueira na ría de Muros-Noia, cando os membros do dispositivo detectaron un barco de cerco faenando e introducindo capturas a bordo preto de punta Reborido antes do mediodía, hora que fixa a actual normativa pesqueira para o inicio da actividade para este tipo de arte de pesca.
Unha vez atracado o buque en Porto do Son, procedeuse á descarga das capturas, un total de 474 caixas de sardiña, que chegaron ós 6.080 quilogramos. Esta cantidade excede o tope máximo de capturas diario establecido pola Secretaría Xeral de Pesca en 1.500 quilogramos para os pesqueiros con nove ou máis tripulantes. Os axentes fixeronm actas de denuncia por supostas infraccións da normativa pesqueira vixente, ao saír a faenar antes do horario autorizado e realizar un exceso de captura de sardiña, así como á incautación das 474 caixas de peixe. A mercadoría incautada foi entregada ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...