Fin de semana de calor

28 Maio 2021

Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que Galicia permanecerá na influencia das altas presións, con ventos do noroeste. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte. Co avance da xornada os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución pola tarde no interior e algún chuvasco de tipo treboento.. As temperaturas non experimentarán cambios, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:390.4 m
Preamar06:573.7 m
Baixamar12:570.7 m
Preamar19:153.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:310.5 m
Preamar06:483.6 m
Baixamar12:490.7 m
Preamar19:073.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:360.4 m
Preamar06:533.6 m
Baixamar12:530.7 m
Preamar19:123.7 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.