En Palmeira un cento de veciños concentraronse esta mañá diante da oficina de Abanca para evitalo peche da sucursal previsto para o día 19

07 Maio 2021
Concentración de veciños diante da oficina de Abanca en Palmeira. Remitido

Preto dun cento de veciños de Palmeira, mobilizaronse esta mañá para evitar o peche da oficina de Abanca nesta localidade prevista para o próximio día 19 de maio. O peche da oficina bancaria deixa a esta vila de 2.500 habitantes sin caixeiro e sen servizo xa que a outra entidade existente, o BBVA, carece de caixeiro automático e en caso de telo os veciños terian que pagar por retirar cartos o ser doutra rede bancaria.

Esta mañá todolos grupos municipais presentaron unha proposición de pleno urxente para solicitar que non peche a oficina ou en todo caso habra varios días á semana , tal como se logrou en Escarabote que tamén ía pechar e a xestión do concello logrou que a entidade Abanca habra varios días á semana.

O peche da oficina bancaria crearía moitos problemas a unha vila cunha poboación moi maior que carece de capacidade para poder desprazarse a outras vilas, Ribeira ou A Pobra, para poder retirar cartos.

Durante a concentración leeuse un comunicado.

Concentración de veciños diante da oficina de Abanca en Palmeira. Remitido


Tal como publicamos en “obarbanza.gal” o pasado xoves 29 de marzo o club de Xubilados de Palmeira xunto coa Plataforma Veciñal de Palmeira, convocaron nunha reunión celebrada na Casa do Mar da localidade, a tódolos representantes políticos do Concello de Ribeira e a os diversos colectivos sociais, culturais e económicos, representados por: a Sociedade Fillos de Palmeira, Caritas, as Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Palmeira, o club de Fútbol de Palmeira e representantes do Comercio Local e da Hostalería, para expoñer e atopar, unha solución ante o tremendo impacto negativo, que vai ocasionar o peche da oficina de Abanca, programado para o vindeiro 19 de maio.
Como resultado da reunión, acordouse por unanimidade, presentar no rexistro unha moción para que se convoque pola vía urxente (xa que quedan poucos días de prazo para o peche) a un pleno extraordinario do Concello, onde se aproben as medidas que sexan necesarias para evitar dito peche, contando co apoio da totalidade dos grupos políticos con representación e máis de trescentas firmas recolleitas no pobo contrarias ó peche e a redución dos días de atención ó público de tan só tres días por semana. ( Continúase recollendo máis firmas).

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.