Mobilización en Palmeira contra o peche da oficina de Abanca

05 Maio 2021

Abanca Palmeira. Google

Os veciños de Palmeira, estanse mobilizando para evitar o peche da oficina de Abanca nesta localidade.
O pasado xoves 29 de marzo o club de Xubilados de Palmeira xunto coa Plataforma Veciñal de Palmeira, convocaron nunha reunión celebrada na Casa do Mar da localidade, a tódolos representantes políticos do Concello de Ribeira e a os diversos colectivos sociais, culturais e económicos, representados por: a Sociedade Fillos de Palmeira, Caritas, as
Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Palmeira, o club de Fútbol de Palmeira e representantes do Comercio Local e da Hostalería, para expoñer e atopar, unha solución ante o tremendo impacto negativo, que vai ocasionar o peche da oficina de Abanca, programado para o vindeiro 19 de maio.
Como resultado da reunión, acordouse por unanimidade, presentar no rexistro unha moción para que se convoque pola vía urxente (xa que quedan poucos días de prazo para o peche) a un pleno extraordinario do Concello, onde se aproben as medidas que sexan necesarias para evitar dito peche, contando co apoio da totalidade dos grupos políticos con representación e máis de trescentas firmas recolleitas no pobo contrarias ó peche e a redución dos días de atención ó público de tan só tres días por semana. ( Continúase recollendo máis firmas).
Ademais informamos que este venres 7 de maio as 10 da mañá, vanse concentrar diante da oficina de Abanca desta localidade, varios colectivos de persoas en protesta polo peche da oficina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.