En Dodro instálanse caixas con material diverso nas pistas deportivas e ao aire libre

14 Maio 2021

O Concello de Dodro, a través da Concellería de Educación, Deportes e Emprego vén de poñer en marcha unha proxecto piloto para as pistas deportivas ó aire libre. A iniciativa consiste na instalación dunha caixa con material deportivo. Neste caso concreto, unha pelota de baloncesto e un balón de fútbol sala.

“O funcionamento é moi sinxelo, xa que as persoas usuarias da instalación só teñen que abrir a caixa para coller o material que vaian utilizar e unha vez finalizada a práctica deportiva volver deixalo dentro da caixa e pechar a porta”, explicaron fontes do Concello.

Con esta iniciativa preténdese promocionar o uso das instalacións deportivas ao aire libre “sen que as persoas usuarias teñan que trasladarse co seu propio equipamento e tamén facilitar a posibilidade de práctica ocasional ou non planificada”.

Estas caixas experimentales estarán situadas nas Pistas Deportivas de Bexo e na Pista Deportiva da

Devesa.

O Concello de Dodro agarda que “esta iniciativa teña éxito e as persoas usuarias das pistas deportivas respecten o material deportivo”. De ser así, programararíanse novas instalacións de caixas noutras pistas deportivas e incluso con outro tipo de material.

Outros artigos

O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.