Dodro acolleu un roteiro guiado para coñecer as plantas silvestres da súa Rede Natura e as súas propiedades

25 Maio 2021

Coincidindo co Día Europeo da Rede Natura, Dodro acolleu a pasada finde unha xornada de campo para incrementar o coñecemento da veciñanza sobre os tesouros ambientais e de diversidade da súa contorna. Concretamente, achegáronse aos participantes recursos para identificar e recoñecer plantas silvestres.

A saída polo campo (un roteiro guiado pola Rede Natura local que saíu ás 9.30 horas da Casa do Concello) puxo o foco nas Brañas de Laíño e a contorna do ría Ulla ao seu paso por Dodro, unha importante reserva de biodiversidade ateigada de innumerábeis tesouros (por exemplo todo tipo de plantas medicinais e comestíbeis).

O Concello compartiu un blog onde as persoas interesadas poden informarse de todas as propiedades das plantas que poden atopar no termo municipal.

A iniciativa formou parte do programa municipal Dodro Sostible.

Outros artigos

Merca No Teu Comercio comeza en Padrón, Rois, Dodro, Narón e Fene

A campaña Merca No Teu Comercio inicia este venres 15 de maio dúas campañas, que terán lugar por un lado en Narón e Fene; e pola outra en Padrón, Rois e Dodro. Entre o 15 e o 30 de maio de 2026 desenvolveranse estas dúas iniciativas publicitarias/promocionais da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.