Dispoñíbel na web do Consello da Cultura Galega o libro de Xela Arias sobre a súa nenez

05 Maio 2021

Xa está dispoñíbel na web do Consello da Cultura Galega o libro de Xela Arias coa que entidade conmemora este ano o Día das Letras Galegas, adicado á poeta de Sarria. O libro de homenaxe, de título ¡Non te amola!, foi presentado este 4 de maio. Segundo se fixo saber, constitúe unha mostra da contribución á narrativa de Xela Arias, que foi en boa medida poeta (de feito, ¡Non te amola! foi a única das súas incursións na narrativa). Na obra presentada, que non foi publicada en vida da autora, Arias ficciona boa parte da súa nenez e amosa unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta na actualidade

Participaron na presentación Rosario Álvarez, presidenta da institución; Darío Gil, fillo da homenaxeada; a profesora Ana Iglesias, autora do estudo crítico do texto; e Bea Gregores, responsábel das ilustracións da publicación. Todas coincidiron en salientar que o texto brinda “outras facetas menos coñecidas de Xela”.

O libro, como dixemos, xa se pode descargar de balde desde o sitio web do CCG.

O Consello da Cultura Galega fixo unha edición conmemorativa que conta cunha tiraxe limitada de 500 exemplares. O texto vén acompañado dun estudo introdutorio a cargo de Ana Iglesias, amiga persoal de Xela e profesora da Universidade de Vigo; e de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores (Vigo, 1985).

Os 16 contos que compoñen esta obra foron escritos arredor dos anos 1990 ou 1991, cando Xela contaba con case 30 anos de idade. Sábese que lle deron unha subvención para publicalos (nos rexistros da Consellería de Cultura e Xuventude, consta unha resolución do 26 de xullo de 1991 pola que lle conceden 25 000 pesetas para a edición) pero decidiu que quedarían no ámbito familiar, renunciou á axuda e gardouno nun caixón, ata agora.

En preto de sesenta páxinas, Xela introdúcese como unha nena de nove anos e permite falarnos da súa familia, pero tamén dalgúns dos seus temas preferidos como a aldea, os medos, a vida ou “a educación, de como esta pode converterse nunha imposición, contra a que te podes rebelar ou tamén aprender a navegar” afirma Ana Iglesias.

Outros artigos

Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...

+

Estabilizado o lume de Padrón-Herbón. Desactivada Situación 2

Permanece estabilizado, desde as 10.56 horas de hoxe luns, o lume rexistrado no concello de Padrón, parroquia de Herbón, no que tamén se desactivou a Situación 2 que fora declarada o pasado sábado, día 13, pola proximidade do incendio aos núcleos de Cruxeiras de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...