O Laboratorio Ecosocial do Barbanza e Montescola organizan en Araño unha xornada de eliminación de acacias (o sábado 11 a partir das 9.30)

11 Maio 2024

O sábado 11 de maio, a partir das 9:30 horas, desenvolverase unha actividade de voluntariado para a eliminación de acacias no monte do Araño, en Rianxo.

Esta actividade participativa, organizada polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza (e coa coordinación da Fundación Montescola e o apoio do Concello de Rianxo), forma parte dun ciclo de xeiras de traballo nos montes da nosa comarca cuxo obxectivo é “implicar a veciñanza na recuperación da biodiversidade e fortalecer as redes colaborativas da comunidade”.

Abertas a todos os públicos e idades, estas actividades supoñen, en palabras das entidades impulsoras, “unha oportunidade para aprender a descascar acacias e participar na plantación de autóctonas”.

As persoas interesadas poderanse inscribir na actividade enviando un correo electrónico a info@montescola.org.

Apoio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Máis información a través do correo electrónico info@barbanzaecosocial.org ou no 722 413 315

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...