No Tapal aprazado o 16 de maio o concerto de película cun centenar de músicos interpretando bandas sonoras

05 Maio 2024

O Conservatorio Profesional Felipe Paz Carbajal organiza este mes de maio un evento cultural que tira proveito da sempre estimulante confluencia entre cinema e música. Estamos a falar da actividade Concerto de Película, na que máis de 100 músicos interpretarán bandas sonoras de películas coñecidas por todas e todos as/os seareiros do sétimo arte, e mesmo polos non tan seareiros.

A praza do Tapal será o escenario deste concerto no que, ademais, proxectaranse imaxes na fachada da igrexa de San Martiño. Segundo informaron na presentación do evento os organizadores, contarase coa presenza da Banda Isabel II de Touro e a S.R. San Xoán de Calo. A cita será o vindeiro xoves 16 de maio a partir das 22.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.