Detido en Rianxo un veciño de Santiago con 160 euros en billetes falsos de 10

09 Maio 2021

A Garda Civil detivo en Rianxo a un veciño de Santiago como presunto autor dun delito de falsificación de moeda, ao ser interceptado con 160 euros en billetes falsos de 10. Os feitos ocorreron a raíz do aviso de varios veciños da localidade de Tarragoña, que comunicaron que unha persoa tentara pagar as súas compras nun establecemento con moeda falsa.

Ata a localidade desprazáronse unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Local de Rianxo, co obxectivo de localizar a este individuo e corroborar a veracidade da información recibida. Unha vez achárono, os axentes procederon a comprobar o efectivo que portaba e constataron que 14 billetes de 10 euros presentaban a mesma numeración, o que indicaba que non eran de curso legal.

Posteriormente, realizaron unha inspección no vehículo desta persoa, onde atoparon outros dous billetes coas mesmas características. Por tanto, a cantidade total falsificada ascende a 160 euros.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.