Deportes do Son organiza un curso de vendaxes funcionais

03 Maio 2021

A Área de Deportes do Concello de Porto do Son organiza un curso de vendaxes funcionais para a prevención e/ou recuperación de lesións deportivas. A actividade será de balde e realizarse o 25 de maio.

O obxectivo desta acción formativa é concienciar á poboación da importancia de practicar deporte con seguridade e previr lesións, ademais de desenvolver destrezas e habilidades para poder realizar eleccións saudables relativas á práctica do deporte. Desta forma, a sesión correrá a cargo de José María Caamaño Monteagudo, fisioterapeuta especializado en lesións deportivas.

As persoas interesadas en participar deben enviar a correspondente folla de inscrición ao enderezo electrónico: jose.pazo@portodoson.gal. O prazo de inscrición comeza este mércores, 5 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.