Deportes de Rianxo organiza un curso de reanimación cardiopulmonar básica

18 Maio 2021

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza un Curso de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP) e DESA (Desfibrilador Semiautomático). Segundo confirmou a área de Deportes, hai 6 prazas dispoñíbeis para a xornada formativa programada para este 22 de maio e 20 máis para outra edición por determinar, aberto a toda a poboación maior de 18 anos.

O obxectivo é iniciar ás persoas participantes nas metodoloxías básicas de reanimación cardiopulmonar, no soporte vital básico e no manexo do DESA, capacitándoas para atender unha emerxencia nas mellores condicións posíbeis até o intre da chegada dos servizos médicos.

As reservas faranse por rigorosa orde de inscrición na oficina do servizo de deportes, a través do seu teléfono (661247136) ou no correo electrónico deportes@concelloderianxo.gal. A actividade é gratuíta e ao remate do mesmo expedirase un certificado avalado pola SEMFYC, o consello español de RCP e homologado polo consello europeo de RCP.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...