Cultura da Pobra repartiu 1.000 libros en lingua galega

20 Maio 2021
Entrega no Pilar Maestú Sierra

Este 20 de maio a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal repartiu aproximadamente 1.000 libros en lingua galega entre tódolos centros de ensino do termo municipal.

A devandita iniciativa abéirase ao programa local de actividades de conmemoración ao Día das Letras Galegas.

Entrega no CEP Salustiano Rey Eiras

En concreto, obtiveron libros o IES da Pobra do Caramiñal, CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, EEI Fernández Varela e Monte Carmelo, ademais das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

Entrega no IES da Pobra do Caramiñal

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explicaron que “entre as obras entregadas figuran Cousas, de Castelao; Made in Galiza, de Séchu Sende; Dezanove badaladas, de Anxo A. Rei Ballesteros; Relatos e lembranzas, de Xosé Plácido Betanzos García; O fillo do rei e outros contos populares, de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey; O enigma do baúl pechado, de Xosé A. Neira Cruz (Premio Carlos Mosteiro 2019); e As Letras Galegas en Caricatura (1963-2020), de Héitor Picallo.

Outros artigos

No Son, o Concello entrega os premios do III Concurso dos Maios

O Concello de Porto do Son compartiu o palmarés da terceira edición do Concurso dos Maios do Concello de Porto do Son. O certame saldouse cunha serie de contribucións "impresionantes", segundo sinalou o Concello, engadindo que "tras descubrir, ver e analizar os...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.