Case 19 millóns para a conservación de estradas de Barbanza, Santiago, Bergantiños e Costa da Morte

11 Maio 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o centro de conservación de estradas autonómicas de Zas para informar de que a Xunta licitou, por 18,9 millóns euros, o contrato que garantirá a conservación ordinaria e a viabilidade invernal de 723 quilómetros de estradas autonómicas das comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago e Bergantiños-Costa da Morte nos vindeiros catro anos.

Concretamente, este contrato garantirá a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas de titularidade da Xunta da zona sur da provincia da Coruña que abrangue os concellos de Trazo, Teo, Corcubión, Arzúa, Santiago de Compostela, Tordoia, Malpica de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Carnota, Fisterra, Camariñas, Padrón, Frades, Boqueixón, Boimorto, Sobrado, Mesía, Ordes, Vedra, Melide, O Pino, Touro, Santiso, Toques, Oroso, Zas, Muros, Outes, Rois, Muxía, Vimianzo, Noia, Porto do Son, Dodro, Rianxo, Lousame, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, A Baña, Brión, Cabana de Bergantiños, Val do Dubra, Coristanco, Negreira, Boiro, Santa Comba, Mazaricos, Carballo, Dumbría, Cee e Ames.

O delegado da Xunta informou da licitación deste contrato que redundará, segundo dixo, “na seguridade viaria e no mantemento do emprego a través da promoción da obra pública”.

Trenor subliñou que o obxectivo é “manter a rede viaria autonómica na zona sur da provincia nas mellores condicións para garantir a seguridade viaria e propiciar desprazamentos máis cómodos e seguros aos usuarios”.

Engadiu que o programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible. No marco destas actuacións, puxo como exemplo a reposición da sinalización ou das barreiras de seguridade, a limpeza e mantemento dos elementos de drenaxe das estradas ou o repintado da estrada e dos elementos que as conforman. Explicou tamén que o contrato abrangue os traballos de roza periódicos para o control da vexetación e garantir unha boa visibilidade, así como as melloras de firme ou reparacións de pontes, obras de paso ou noiros de menor entidade.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.