As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis

11 Maio 2021

Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis.

Desta forma, con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España. En total, hai 34 municipios premiados, dos cales 12 son da provincia de Pontevedra, 14 da Coruña e 8 de Lugo. Salienta o feito de que o areal do Lago das Pontes reciba por primeira vez este galardón.

No referente ás bandeiras para portos deportivos, son un total de 11 (6 en Pontevedra, 6 na Coruña e 1 en Lugo); os centros azuis galardoados son 13 (6 en Pontevedra, 4 na Coruña e 3 en Lugo); e os 20 sendeiros distribúense entre os 9 de Pontevedra, os 6 da Coruña e os 5 de Lugo.

O municipio de Sanxenxo volve repetir como concello con máis bandeiras azuis nas súas praias, obtendo 17. Mentres, en Pontevedra, destacan a cidade de Vigo, que suma 10 areais e unha rede de sendeiros; Cangas do Morrazo (7 praias, un porto e un sendeiro); Marín (5 praias, dous centros e unha rede de sendeiros) e Baiona (6 praias e un porto).

Na mesma liña, na provincia da Coruña, destaca Arteixo como o municipio que máis bandeiras azuis obtén para as súas praias (un total de 7), seguido da cidade da Coruña (5 areais, ademais dun porto e un sendeiro) e Oleiros (5 areais e tamén un sendeiro). Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz volve ser o concello con máis praias galardoadas, con 5: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás.

En xeral, os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos están relacionados coa calidade das augas, a seguridade, a dotación de servizos, a accesibilidade, a xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e as dársenas. Ademais, os centros e sendeiros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio. De feito, aqueles municipios que queiran optar a estas distincións deben presentar uns dosiers xustificativos da súa proposta, que inclúan unha memoria de actividade.

Por mor da COVID – 19, cómpre mencionar que moitos concellos costeiros adoptaron solucións tecnolóxicas ou mesmo contrataron persoal de vixilancia para controlar o aforo nas praias durante o verán, reforzando así as medidas de hixiene e limpeza de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.