Adrián Mosquera, o primeiro rianxeiro en participar nunhas Olimpíadas

O padexeiro de Rianxo Adrián Mosquera vai pasar á historia do noso deporte como o primeiro rianxeiro que participa nunhas Olimpíadas (Tokio 2021).

En concreto, Adrián acadou o primeiro posto na final que se disputou os días pasados en Szeged (Hungría) e que lle permite clasificarse para os Xogos Paralímpicos de Tokio 2021, sendo o primeiro padexeiro galego en clasificarse para uns Xogos Paralímpicos.

O rianxeiro, cun tempo de 52.53 logrou o primeiro posto na categoría VL3 Men 200 m, obtendo a clasificación directa para Tokio e a medalla de ouro na copa do Mundo de Szeged.