Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán e campos de voluntariado en Porto do Son, Boiro, Ribeira e Outes

20 Maio 2021

A Xunta vén de abrir o prazo para a solicitude das 1.652 prazas dispoñibles na provincia da Coruña para participar nos 10 campamentos de verán, entre os cales se atopan os de Porto do Son, Boiro. As actividades están destinadas aos mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Tamén está aberto desde onte o prazo para solicitar algunha das 108 prazas dispoñibles para os 12 campos de voluntariado, nos que participa Ribeira e Outes.
O programa de actividades desenvolverase nos meses de xullo, agosto e setembro e baixo as medidas propias da loita fronte á COVID-19. Deste xeito implantaranse as medidas de redución de aforo, entrada gradual, reforzo do persoal monitor e incremento das medidas hixiénico-sanitarias. O campamento de Porto do Son recibirá o nome de “Natureza xunto ao mar”, da man do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto.
Doutra banda, en Boiro, o Campamento Xuvenil Espiñeira acollerá o “Candixelas”.
O prazo de solicitude para anotarse nos campamentos de verán é de sete días hábiles a partir de hoxe. As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía telemática a través da Sede Electrónica.
Os campos de voluntariado de Ribeira (Dunas de Corrubedo) será de carácter Medioambiental, e o de Boiro (Amicos) terá un enfoque medioambiental e social. O prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada campo. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.