A Pobra conmemora as Letras Galegas cunha ampla oferta cultural ata finais de mes

11 Maio 2021

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 11 de maio o seu programa conmemorativo das Letras Galegas 2021, adicadas á poeta Xela Arias. A axenda inclúe unha serie de actividades centradas na figura da homenaxeada, que se estenden ata finais do presente mes e dirixidas a toda a veciñanza.

A edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), manifestou que se trata dunha programación “moi dinámica” na cal respectaranse as medidas estabelecidas por mor da COVID-19. Tamén valorou moi positivamente o feito de que se adique este ano a significativa data do 17 de maio a unha muller escritora, unha circunstancia que por desgraza non vén sendo habitual na dita celebración.

Pola súa banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), fixo fincapé no principal obxectivo: “Poñer en valor unha figura como a de Xela Arias, así como o noso idioma, a nosa lingua, e que sexa apreciada dende os máis pequenos e pequenas e pola sociedade no seu conxunto”.

O acto de presentación tamén contou coa asistencia da técnica municipal, Fita Sanisidro.

O programa

No propio día 17 de maio celebrarase unha ruada con grupos de música tradicional a partir do mediodía en diferentes espazos da vila.

Na xornada do 18 de maio terán lugar dúas actividades. Sole Felloza ofrecerá o contacontos Oito pasos… oito versos, dirixido a crianzas a partir dos 5 anos. A cita transcorrerá na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí a partir das 18.00 horas e as prazas son limitadas, polo cal resulta preciso facer a reserva previa chamando ó teléfono 981 831 633.

Así mesmo, nesa mesma tarde, ás 20.00 horas, dará comezo no Auditorio do Museo Valle-Inclán a charla musicada Irás, Dirás, Virás con Clara Pino e Pablo Vidal. É preciso anotarse a través do teléfono 981831545.

A finais de mes, no 28 de maio, procederase coa presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte. Será na casa da cultura Raquel Fernández Soler, ás 20.30 horas, en colaboración coa A. C. Barbantia, e tamén se require a inscrición no 981831545.

Así mesmo, dende o día 12 ata 26 de maio desenvolveranse nos centros educativos do municipio tres iniciativas. Para o alumnado da educación secundaria obrigatoria (ESO) no instituto pobrense lánzase unha proposta focalizada no Instagram. Consiste en colgar nesta rede social unha imaxe relacionada con algún poema da homenaxeada acompañada do cancelo (hashtag) #APobraconXela e etiquetar o perfil do Concello (gobernodapobra). Entre tódalas persoas participantes repartiranse cadernos conmemorativos desta data e realizarase un sorteo de aparellos tecnolóxicos.

No que respecta ó alumnado da primaria, bota a andar o xogo-concurso O Pasaporte de Xela, consistente en cubrir un fragmento do poema pertencente ao libro Denuncia do equilibrio. As dez palabras que faltan atoparanse distribuídas en diversos estabelecementos locais, onde se estampará o selo co vocábulo que lle corresponda. O desafío reside en cubrir o pasaporte e entre a rapazada participante sortearanse 35 agasallos.

E, para as e os escolares da educación infantil, destínase un xogo de colorear, debuxar ou aplicar calquera tipo de técnica plástica a unha silueta de Xela impresa sobre papel. Estabelécese un presente para cada unha das crianzas participantes.

Todo isto complementarase co repartimento de aproximadamente 1000 libros en lingua galega entre tódolos centros de ensino do termo municipal.

Outros artigos

Unha obra ambientada nas Cíes faise co V Premio Fina Casalderrey

Este 11 de novembro o Pazo de San Roque en Santiago acolleu a entrega do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, un galardón que conta coa colaboración da Secretaría da Lingua e que "pretende incentivar a través dos álbums ilustrados a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.