A pianista armenia Anna Sarkisova ofrecerá un concerto no Auditorio de Rianxo

12 Maio 2021

O venres 28 o Auditorio de Rianxo vai dar acollida a un concerto clásico a cargo da pianista armenia Anna Sarkisova. A cita será ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes. Segundo confirmou o Concello, a entrada será de balde, e só se poderá acudir con reserva previa, que é posíbel facer até o 27 de maio a través da web do Concello ou no teléfono 981 100 688.

Anna Sarkisova é unha pianista clásica recoñecida internacionalmente, tanto pola súa técnica e musicalidade como pola súa capacidade para conectar co público. Ten tocado en países de todo mundo e foi gañadora de importantes premios e recoñecementos internacionais, amais de ter traballado con músicos do talle de Rudolf Kehrer, Oxana Yablonskaya, Oleg Meisenberg, Leonid Brumberg ou Alexander Braginsky, entre outros. Actualmente viven en Los Ángeles.

Doutorada en Artes Musicais pola Escola de Música Thornton – Universidade do Sur de California (USC), na actualidade Anna está traballando no seu novo álbum que incluirá pezas de compositores de Europa Occidental e Armenia.

A pianista reside habitualmente en Los Ángeles (California) mais atópase pasando unha tempada en Galicia onde ten previsto a realización de varios concertos, incluído o Náutico de Portosín o pasado 10 de abril, entre outros emprazamentos (Paraninfo da USC, Auditorio de Vilagarcía, Ponteareas, Redondela).

O programa inclúe a interpretación de pezas de Liszt, Rachmaninoff, Babajanyan e Solar.

Esta proposta enmárcase no Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.