A pianista clásica Anna Sarkisova estará este sábado no Náutico de Portosín

10 Abril 2021

Este sábado 10 de abril o Real Club Náutico de Portosín convídanos convídanos a desfrutar dun concerto a cargo da pianista armenia Anna Sarkisova. Será no salón social do club, a partir das 19.00 horas.

Segundo informa a dirección da entidade deportiva, o aforo será limitado segundo a normativa e as restricións actuais, e o acceso será por orde de chegada.

Anna Sarkisova é unha pianista clásica recoñecida internacionalmente, tanto pola súa técnica e musicalidade como pola súa capacidade para conectar co público. Ten tocado en países de todo mundo e foi gañadora de importantes premios e recoñecementos internacionais, amais de ter traballado con músicos do talle de Rudolf Kehrer, Oxana Yablonskaya, Oleg Meisenberg, Leonid Brumberg ou Alexander Braginsky, entre outros. Actualmente viven en Los Ángeles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...