A mostra Asinamos ser libres sobre a vida e obra de Xela Arias fará recaladas en Outes e Boiro

11 Maio 2021

11,00 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurará a exposición Xela Arias. Asinamos ser libres. foto xoán crespo 10/05/2021

Xela Arias é a protagonista este ano da celebración do 17 de maio e, tamén, dunha exposición itinerante que vai percorrer as novas vilas e cidades. Trátase da mostra Xela Arias. Asinamos ser libres, comisariada pola profesora e biógrafa María Xesús Nogueira, e impulsada pola Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (dependente da Consellería de Cultura e Educación). A exposición comezou o seu periplo na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago e logo percorrerá 11 concellos galegos até o final de ano, entre os que se atopan, pola nosa comarca, Outes e Boiro. Tamén fará recaladas en Vigo, Sarria (vila natal da poeta), Pontevedra, Amoeiro (Ourense) e Lugo.

A comisaria María Xesús Nogueira deseñou un proxecto composto por 10 paneis que fai un repaso por todas as vertentes profesionais da autora difundindo detalles da súa vida, obra e contexto histórico no que viviu.

O percorrido continuará nos meses de outono e inverno na Coruña, Ourense, Boiro (A Coruña) e Celanova (Ourense). Un total de 11 concellos que contarán cunha visión “ampla e completa do enorme legado de Xela Arias, unha muller pioneira, moderna, transgresora, comprometida, feminista e precursora que rompeu moldes nas nosas letras cunha linguaxe poética urbana, vangardista e anovadora”, precisou na inauguración Román Rodríguez, que fixo saber que a mostra forma parte da “extensa e ampla programación que desenvolvemos desde a Xunta da man das principais institucións e axentes culturais do país para celebrar o Día das Letras Galegas”. Tal e como detallou, trátase dun programa que recolle máis de medio centenar de accións presenciais e en liña que abranguen propostas no eido literario, expositivo, deportivo, promocional, musical e escénico, entre outros.

Así, ademais desta exposición, destacou as propostas artísticas para repasar as orixes, infancia e traballo de Xela Arias que se levarán a cabo en diferentes concellos. Tamén as iniciativas habituais nos centros educativos para dar a coñecer a autora homenaxeada nas aulas como a Xornada do Día das Letras Galegas ou as unidades didácticas, calendarios, marcapáxinas, crebacabezas, presentacións, xincanas, exposicións, festivais, pasapalabras, vídeos, podcast, telexornais, cancións ou videopoemas que os equipos de dinamización da lingua desenvolven ao longo de todo o mes das letras en colexios e institutos de toda Galicia.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.