A mellora do acceso do miradoiro da Pedra da Ra, finalista dos Premios FAD de arquitetura

17 Maio 2021
  • As obras de mellora da accesibilidade no miradoiro de Pedra da Ra vén de sumar unha nova candidatura a uns galardóns ao ser designado como un dos catrofinalistas dos prestixiosos 63º Premios FAD de Arquitectura eInteriorismo na categoría de Cidade e Paisaxe. Así, o proxecto deseñado polo arquitecto Carlos Seoane baixo onome “O banco do Piñeiro” deberá afrontarse a tres intervenciónsefectuadas en Ferrol (a remodelación da praza de Armas), Vic (postaen valor do conxunto da Illa de la Pietat) e Jorba (adecuaciónpaisaxística do recinto enmurallado e a capela do castelo de Jorba).368 proxectos presentadosNesta 63ª edición presentáronse un total de 368 proxectos, dos cales39 correspóndense coa categoría de Cidade e Paisaxe , en tanto que169 compiten en Arquitectura, 114 en Interiorismo e 46 enIntervencións Efímeras. Hai 21 proxectos finalistas en total máis 38obras seleccionadas.O veredicto final do xurado darase a coñecer no próximo mes dexuño.Cómpre lembrar que a actuación levada a cabo no icónico miradoirode Pedra da Ra tamén foi escollida a pasada semana como finalistada Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, ao igual que arehabilitación do lavadoiro de Artes.
  • A intención principal da intervención efectuada residiu en construír uncamiño accesible acompañado dunha varanda para axudar aomovemento das persoas con algunha minusvalía de modo que estacontorna de importancia identitaria poida ser participado por todos osveciños independente da súa mobilidade. A idea foi construír o mínimo para lograr xerar o maior interese e“provocar percepcións distintas e así entender todas as dimensiónsdeste lugar, visuais, acústicas, olfativas, etc. O punto final do camiñomarcouse cun banco de pedra cúbico e unha varanda metálica deprotección para os visitantes en cadeiras de rodas.Cómpre lembrar que unha intervención anterior levada a cabo enPedra da Ra —tamén proxectada por Carlos Seoane— xa foimerecedora de diversos galardóns. Entre eles, o Premio FAD deArquitectura, así como o Premio COAG do Colexio Oficial deArquitectos de Galicia e o Premio Enor

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.