A Deputación financia a contratación de persoal técnico nos museos e centros de interpretación dos nosos concellos

06 Maio 2021

Exposición sobre o Santa Isabel e as Heroínas de Sálvora no Museo Municipal de Ribeira

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina este ano 282.930 € ao financiamento de 37 contratacións de persoal especializado en museos e centros de interpretación de 32 concellos de menos de 50.000 habitantes. Segundo explicou a entidade provincial, esta iniciativa súmase á convocatoria de persoal técnico cultural pola que se promove a profesionalización das áreas de cultura municipais. Entre os centros culturais beneficiados atópanse os Centro de Interpretación do Muíño das Mareas de Muros, do Castro de Baroña en Porto do Son, das Minas de San Finx en Lousame ou a Casa Museo Manuel Antonio en Rianxo, o Museo da Memoria Mariñeira no Son ou o Museo Municipal de Ribeira, entre outros da nosa comarca (que se poden consultar no BOP en formato PDF).

Nesta nova edición, o orzamento da Deputación da Coruña ascende a 382.929,52€ que se distribúe en 32 concellos, cinco deles (Camariñas, Muros, Porto do Son, Rianxo e Ribeira) coa concesión de subvención para dous centros do municipio.

“Trátase dunha liña de axudas de especial interese porque contribúe á atención profesionalizada de museos e outros centros que son referentes culturais no territorio ademais de recursos de especial interese no ámbito do turismo cultural”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.