A Corporación de Boiro achega o seu apoio a JEALSA e á veciñanza de Escarabote contra o peche da oficina de Abanca

14 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou este 13 de maio o seu pleno ordinario mensual, unha sesión que contou coa asistencia de todos os membros da Corporación e que, como de costume, foi retransmitida en directo a través da canle municipal no Youtube, onde permanecerá habilitado para a veciñanza.

Durante o desenvolvemento da sesión procedeuse á lectura de dúas declaracións institucionais asinadas por todos os grupos da Corporación, unha sobre o lume da planta de JEALSA en Bodión durante a fin de semana e outra sobre o peche da oficina de Abanca en Escarabote, un proceso contra o cal mobilizouse a veciñanza e máis o Concello, co apoio unánime da Corporación.

A continuación damos conta dos puntos tratados e dos aprobados acadados na sesión:

1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 21 de xaneiro de 2021 – aprobada con 16 votos a favor e 1 abstención (Boiro Novo).

2. Aprobación da acta da sesión plenaria do 3 de febreiro de 2021 – aprobada con 16 votos a favor e 1 abstención (Boiro Novo).

3. Aprobación da acta da sesión plenaria do 11 de marzo de 2021 – aprobada con 16 votos a favor e 1 abstención (Boiro Novo).

4. Toma de posesión do concelleiro José Antonio García Castro.

5. Incoación do expediente de desafectación da escola unitaria de Escarabote e das vivendas dos mestres de Praia Xardín – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

6. Designación de sete compoñentes do Consello Escolar Municipal – aprobado con 10 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos) e 7 abstencións (PP).

7. Incoación de expediente de investigación de oficio sobre a posible existencia dunha vía pública en Esteiro – aprobado con 5 votos a favor (PSOE) e 12 abstencións (PP, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos).

8. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos do expediente de recoñecemento extraxudicial de aprobación de varias facturas das OPAS 2020 – rexeitada con 5 votos a favor (PSOE), 10 en contra (PP, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos) e 2 abstencións (BNG).

9. Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á autonomía financeira de Galicia – aprobada con 10 votos a favor (PP, BNG e Boiro Novo), 5 votos en contra (PSOE) e 2 abstencións (IC Boiro e Ciudadanos).

10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia – aprobada con 16 votos a favor (PP/ PSOE/ BNG/ Boiro Novo e IC Boiro) e 1 abstención (Ciudadanos).

11. Moción do grupo municipal do BNG sobre as mobilizacións feministas do 8 de marzo – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

12. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o Plan de rescate para os sectores da hostalaría e o turismo – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

13. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o día internacional das mulleres – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

14. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a política do goberno galego en relación co seu financiamento aos concellos do servizo de axuda no fogar – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

15. Moción do grupo municipal do BNG sobre o futuro do sector financeiro en Galicia – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

Mocións de urxencia

Nas mocións de urxencia, Boiro Novo presentou a seguinte: Moción para a suspensión temporal das sancións da zona azul ata que unha ordenanza as regule – aprobada con 12 votos a favor (PP, BNG,

Outros artigos

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Este sábado celébrase o XXXV Festival Folclórico de Escarabote

Este sábado 12 de xullo vaise celebrar a XXXV edición do Festival Folclórico de Escarabote, a partir das 21.00 horas, no porto da dita vila mariñeira. A cita, unha reivindicación da música, o baile e a cultura tradicionais da nosa terra, será organizada pola AC Pedra...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.