A Asociación de Empresarios de Ribeira convocou unha xuntanza para consensuar as posíbeis localizacións das empresas no novo polígono

12 Maio 2021

O polígono actual de Ribeira no seu emprazamento limitado de Xarás

A Asociación de Empresarios de Ribeira convocou a unha xuntanza de traballo aos empresarios subscritos á reserva de superficie industrial do novo polígono para a súa actividade. A reunión celebrarase o vindeiro 19 de maio ás 18.00 no local da patronal ribeirense na rúa Rosalía de Castro.

O obxectivo é presentar o plano da distribución das parcelas e consensuar as posíbeis localizacións das empresas en funcións dos sectores aos que pertencen (servizos, produción, comercial, pesca, transportes….) co fin de “conseguir as maiores sinerxías e beneficios para todos e todas”, informou o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...