“Vacinas en Seychelles para os mariñeiros españois”. Antón Luaces

15 Abril 2021

O Goberno das Seychelles vacinará aos pescadores estranxeiros que realizan as súas tarefas en barcos de pesca en augas da illa, na que teñen a súa base bo número de atuneros vascos. O director da Axencia de Saúde de Seychelles, Danny Louange, confirmou que as autoridades sanitarias traballan nun plan para vacinar aos profesionais da pesca marítima. As empresas locais traballan en estreita colaboración co Ministerio de Saúde para garantir que todos os tripulantes estranxeiros con base en Seychelles estean vacinados contra a COVID-19. Todas as axencias navieiras locais víronse afectadas pola pandemia e teñen mariños que gardan a obrigada corentena para a súa reembarque unha vez superada a mesma.
A noticia afecta directamente á frota europea que pesca en augas de Seychelles e prodúcese semanas despois de que a organización pesqueira OPAGAC urxise -como o fixo tamén AETINAPE- ao Goberno de España a necesidade de vacinar aos mariñeiros.
Os titulados náutico-pesqueiros acusaron ás consellerías do Mar e de Sanidade da Xunta de estar pouco interesadas pola xente do mar “ao non mover un só dedo para conseguir que os tripulantes de buques pesqueiros fosen unha das profesións prioritarias á hora de vacinarse, independentemente da súa idade”.
AETINAPE dirixiuse fai un par de meses a todas as comunidades autónomas con litoral, así como ao Ministerio de Sanidade -aínda sabendo que son as autonomías as que teñen competencias neste ámbito- para facilitar esta dilixencia coa profesión marítimo-pesqueira , atendendo ás súas especiais circunstancias. Unicamente a Consellería de Saúde do goberno vasco contestou a tal requirimento informando que se tomarían como propia a suxerencia. A canaria respondeu cunha carta protocolaria e a galega, do mesmo xeito que algunha outra, nin se molestou en responder, segundo confirma AETINAPE.
Na actualidade, os arrantzales vascos estás vacinados e os pescadores galegos, non, co que se crea unha situación incómoda nos buques nos que comparten actividade, especialmente na frota atunera.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...