Un detido en Ribeira tras sorprendido de madrugada con obxectos roubados nunha vivenda habitada

26 Abril 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira informaron da detención dun home de 37 anos, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito de roubo con forza nunha vivenda. O detido foi sorprendido de madrugada por unha patrulla portando diversos efectos, polo que foi interceptado, podendo comprobar que foran subtraídos instantes antes do interior dun domicilio que está habitado, tras forzar unha xanela da mesma.

Os efectos recuperados foron entregados aos seus lexítimos propietarios.

Así mesmo, ao detido impútanselle outros delitos contra o patrimonio, concretamente os seguintes:

· Un delito de roubo con forza de dous vehículos estacionados nun garaxe, aos que accede tras fracturar os portelos.

· Un delito de furto tras acceder ao interior dun vehículo, de onde subtrae diñeiro en efectivo e un teléfono móbil valorado en 1.200 euros.

· Un delito de receptación pola venda dunha cadea de ouro previamente subtraída por outra persoa á que se lle imputa un delito de furto.

· Un delito leve de furto pola subtracción de varios produtos nunha farmacia da localidade.

Os axentes explicaron ademais que ao detido cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, dáse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución de Garda, pondo ao detido á súa disposición, decretando o seu ingreso en prisión provisional.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.