Seis empresas interesadas no proxecto para dotar a Ribeira dunha ducia de accesos públicos Wi-Fi

13 Abril 2021

Ribeira vai contar en datas vindeiras cunha ducia de accesos Wi-Fi de balde ao servizo da cidadanía e dos visitantes. Farao ao abeiro da súa participación no proxecto europeo WiFi4EU. A iniciativa chegou esta semana a un dos seus intres clave, co remate do prazo para a presentación de ofertas. En total, segundo sinala o Concello, foron seis as empresas interesadas na adxudicación deste proxecto para impulsar a transformación de Ribeira nunha Smart City.

O Concello lembrou tamén que a iniciativa está subvencionada pola Unión Europea e comporta un investimento de 29.999,99 euros, IVE incluído, tralo convenio subscrito polo Concello coa Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA).

As doce localizacións nas que se implantará acceso á Rede sen fíos e gratuíto nesta primeira fase (está prevista unha segunda na que ampliar o servizo ás parroquias) son as seguintes: Praza do Concello, Área da Oficina de Atención Cidadá (Casa do Concello), Interior do Mercado Municipal, Centro Cultural Lustres Rivas, Biblioteca Municipal, Exterior da Oficina de Turismo do porto, Parque merendeiro situado xunto á UAD, Praia de Coroso (entorno da UAD), Complexo Polideportivo da Fieiteira, Conservatorio Enrique Paisal, Praza do Centenario e o entorno da nova estación de autobuses.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.