Presentación da investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

08 Abril 2021

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da USC e a Cátedra Juana de Vega, e está cofinanciado pola Fundación Banco Santander

O equipo do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza presenta os resultados da primeira fase de investigación, así como unha serie de principios para iniciativas sostibles que servirán como base da convocatoria de proxectos da segunda fase.

No evento tamén terá lugar a presentación do libro ‘Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro’, que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e centra a súa mirada na península do Barbanza para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas na rexión que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade.

A publicación será gratuíta e a súa descarga poderá realizarse a partir do venres 9 de abril en barbanzaecosocial.org, a páxina web do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

O aforo para asistir ao acto está limitado por mor das restriccións da COVID-19, polo que haberá que enviar confirmación de asistencia a info@barbanzaecosocial.org. Tamén é posible asistir de forma telemática a través da seguinte ligazón.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.