Posta a punto no Son da rúa Petón de Baia e a contorna da igrexa de Miñortos

09 Abril 2021

Proseguen en Porto do Son os traballos para poñer a punto as contornas urbanas e rurais, poñendo o foco na humanización, na mellora funcional e estética dos materiais e na accesibilidade. Ao fío disto, o Concello informou do remate dos traballos para acondicionar a rúa Petón de Baia no núcleo urbano do Son, situada nas proximidades do Colexio Público de Santa Irene.

O investimento total para as obras en Petón de Baia, moi demandadas pola veciñanza, foi de 48.280 euros.

Por outra banda, o Concello tamén puxo a punto a contorna da igrexa de Miñortos, onde conflúen o cruceiro e máis a casa reitoral e onde se procedeu a substituír o firme de asfalto por materiais de pedra tradicionais. Estes traballos en Miñortos abéiranse ao plan do Concello para recuperar e pór en valor as contornas históricas dos seus máis de cen núcleos rurais tradicionais, que ao longo dos pasados anos, segundo informou o Goberno local, foron obxecto de “obras bastante desafortunadas” que afectaron negativamente ao seu valor estético e histórico.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.