Os restos de aparellos de pesca e os plásticos seguen a encher as praias dos nosos concellos

13 Abril 2021
Restos de lixo recollidos na praia da Muralla/ Fotografías de Alba Domínguez (@albabugg)

Calquera residente ou visitante que baixe ás praias dos nosos concellos en calquera época do ano pode comprobalo facilmente: o problema do lixo mariño vai a máis e ningunha administración con competencias se está a comprometer seriamente en rematar co problema. Os plásticos, os restos de aparellos pesqueiros e outros residuos de orixe humana, algúns deles moi contaminantes e perigosos, seguen a acumularse na nosa costa e se o problema é grave no verán (co subministro múltiple de cabichas dos bañistas), en épocas do ano menos turísticas adquire un cariz dramático, xa que deixan de traballar os servizos de limpeza. Estes días recibimos probas palpábeis disto, da man de Alba e Julián, parella residente en Castiñeiras. Segundo indican, abonda con baixar brevemente a calquera areal para ver de cheo o problema. Os días pasados achegáronse á contorna da praia da Muralla en Aguiño, e isto é o que atoparon.

Principalmente restos de aparellos de pesca, que, máis alá do que contaminan por si mesmos, son moi perigosos porque a fin de contas foron elaborados para capturar seres vivos, e poden chegar a facelo mesmo unha vez que os mariñeiros se desprenderon deles.

Tamén atoparon mancheas de plásticos, coa problemática da súa degradación.

Alba e Julián, que fixeron un encomiábel labor de recollida coas súas propias mans, pregúntanse acerca dos motivos de que non haxa ningunha administración que se comprometa con eficacia a recoller o lixo plástico da costa, que, precisamente por permanecer durante meses e anos nas mesmas paraxes costeiras, non só se degradan senón que tamén corren o risco real de volver ao mar, redobrando a gravidade do problema e evitándose a súa solución.

Asemade, comparten con nós a súa preocupación pola ausencia de iniciativas reais e eficaces que vaian á raíz do problema e sensibilicen ás persoas implicadas sobre a importancia de non botar pola borda materiais que directamente danarán aquilo que precisamente lles dá sustento, e llelo debera dar aos seus descendentes.

Outros artigos

Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras...

+

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.