O Son celebra o Día da Terra facendo un chamamento pola sustentabilidade

23 Abril 2021

O Concello de Porto do Son celebrou este 22 de abril o Día da Terra, e fíxoo en parte nas redes sociais, facendo un breve repaso polas presentes estratexias ambientais do ámbito local e, tamén, lanzando un chamamento á cidadanía para recordarlle a necesidade de facer fronte común fronte a un reto fundamental: impedir entre todas e todos o imparábel deterioro da diversidade, que está a desaparecer, por mor das actividades humanas insustentábeis, “a un ritmo sen precedentes”. De feito, lembraron fontes do Concello, “a día de hoxe hai preto dun milleiro de especies animais e vexetais que se atopan en risco de extinción”.

Aproveitando a celebración, o Goberno sonense tamén lembrou o seu compromiso no Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, un compromiso a través do cal o Concello fai propio o obxectivo da Unión Europea cara ao 2030 coa redución das emisións de CO2 en polo menos un 40%. Para conseguilo, dende o Consistorio traballan na aplicación de medidas de eficiencia enerxética e no incremento do uso de fontes de enerxía renovábel. Asemade, o Concello lembrou a súa aposta decidida polo turismo sustentábel, política que se materializa (entre outras moitas cousas) nas súas 16 rutas de sendeirismo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...