O proxecto para a mellora da rúa Romero Ortíz, en Ribeira, recibiu finalmente 30 ofertas

01 Abril 2021

O Concello de Ribeira vén de confirmar que o proxecto para o pavimentado con plataforma única da rúa Romero Ortiz recibiu un total de 30 ofertas presentadas. A actuación persegue mellorar as condicións de accesibilidade da zona a través da creación dunha plataforma única na que vehículos e peóns circulen á mesma cota, pero con zonas diferenciadas, “mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil”, explica o Concello.

Con tal fin, substituirase o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito. A delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordos de granito.

A obra abrangue dende a confluencia desta rúa co Malecón ata máis aló da rúa Cervantes, tal e como aparece no plano adxunto.

A iniciativa ten un prezo de licitación de 164.161 euros e forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 2/2020. O prazo de execución son cinco meses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...