O Concello de Dodro anuncia clases de reforzo educativo da ESO

07 Abril 2021

O Concello de Dodro vén de lanzar clases de reforzo para tódolos mozos/as de ESO, empadroados ou que cursen estudos no termo. Esta iniciativa encádrase dentro do Programa de Conciliación Municipal que ten como obxectivo botar unha man á rapazada nos seus estudos con vistas á recta final do curso.

As clases de reforzo están previstas para o fin deste curso nos meses de maio e xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas os luns, mércores e venres. Doutra banda tamén se porán en marcha clases no verán, nos meses de xullo e agosto, os luns, mércores e venres, de 9:00 a 13:00 horas.

A actividade levarase a cabo sempre e cando se cubran un mínimo de 10 prazas, e tódolos interesados poderán formalizar a súa inscrición do 6 ao 16 de abril, chamando ao 981 802 466 pola mañá.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.