O BNG apoia as concentracións da veciñanza contra o PRUX do Parque Natural

19 Abril 2021


O concelleiro Luís Perez e o responsábel de ecoloxismo Vicente Paz, en febreiro de 2019

O BNG de Ribeira mostro o seu apoio ás mobilizacións críticas co Plan de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural, que este domingo tiveron o seu punto álxido coa concentración en Olveira da que falamos en O Barbanza. Boa parte das alegacións dos nacionalistas “para revitalizar o Parque de xeito alternativo ao que propón o PRUX” xa se deixaron escoitar esta fin de semana, unhas alegacións que se apoian en dous puntos fundamentais: atender as demandas veciñais e preservar os valores naturais da zona.

Desde o BNG consideran que o Plan de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural e a modificación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN), presentados pola Xunta, chegan “tarde, mal e arrastro” por tres razóns; chega tarde porque o PRUX debería estar aprobado pouco despois de protexerse a zona en 1992, chega mal porque ten carencias importantes que non responden ás demandas históricas e chega arrastro porque nin tan sequera se falou coa veciñanza que posúe terreos na zona protexida.

O concelleiro Luís Pérez Barral, mostra o apoio da formación nacionalista lamenta a actuación do Partido Popular pois “por riba de facer que Galiza sexa a comunidade con menos zonas protexidas, estas son mal xestionadas”. Pérez Barral afirma que se “o Parque está sumido nun absoluto estado de abandono, non hai investimentos suficientes e se esquecen as demandas veciñais, é por culpa da inacción do PP e dos seus membros en todas as administracións, tanto a Xunta, como o Concello como a xunta reitora do Parque”.

O concelleiro afirma que o BNG está ultimando unha batería de alegacións coa intención de compatibilizar a preservación ambiental desta xoia natural co uso das terras por parte da veciñanza e coa revitalización económica e social do Parque. “Animamos a que a xente se manifeste e alegue, por iso nos poñémonos á súa disposición para axudar no que precisen”, concluíu Barral.

Outros artigos

A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...