No Son un operario resulta ferido de consideración ao caer dun andamio

24 Abril 2021

Un operario sufriu feridas de consideración despois de caer dun andamio que empregaba para arranxar un portal en Porto do Son.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás cinco e cuarto, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador ferido.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso produciuse nas proximidades da Praia de Coira, en Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...