No Son a Confraría de Pescadores e a Xunta avalían as necesidades do sector da súa zona

13 Abril 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou nunha xuntanza de traballo cos representantes da confraría de San Telmo de Porto do Son para coñecer de primeira man as súas necesidades e inquedanzas, aclarar
dúbidas relacionadas coa súa actividade e buscar o mellor xeito de atendelas.
O encontro enmárcase no seguimento que realiza a Xunta ao sector, especialmente importante nestes momentos de tantas dificultades provocadas pola pandemia. Na reunión comprobou as distintas adquisicións que se realizaron na confraría grazas ás axudas para investimentos en equipamentos portuarios pesqueiros que concede cada ano a Consellería do Mar.
Esta entidade recibiu desde 2017 máis de 70.000 euros para a adquisición dunha transpaleta, unha carretilla elevadora e unha báscula pesapalets así como para a instalación de iluminación led, a adquisición de contedores isotérmicos ou a incorporación dunha transpaleta pesadora, mercada o ano pasado.
Ademais, o representante do Goberno autonómico comprobou outro dos proxectos que se están levando a cabo nesta confraría a través dos investimentos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible para a recuperación dos fondos históricos -como fotografías, publicacións de hemeroteca e actas vencellados á confraría- para posteriormente dixitalizalos, publicalos nun entorno dixital e divulgalos a través dunha web e
dun plan de comunicación.
O custo deste proxecto é de preto de 90.000 euros, dos que a Consellería do Mar financia o 82% do importe subvencionable ao achegar máis de 60.000 euros. Entre os obxectivos desta iniciativa destacan a organización integral do arquivo documental da confraría, a dinamización da zona de influencia do GALP, a conservación e mellora do patrimonio inmaterial da confraría ou a preservación da tradición da cultura mariñeira. Tamén prevé a revitalización do patrimonio inmaterial, a catalogación e inventariado dos fondos, o acceso público a través do escaparate virtual e a busca de medios para transmitir de xeración en xeración a importancia do patrimonio.
Trenor destacou que con estas achegas “búscase impulsar iniciativas que redunden en beneficio das zonas litorais de Galicia”. Neste sentido, o delegado da Xunta lembrou que a súa finalidade é impulsar proxectos que contribúan, entre outros aspectos, a aumentar o emprego e a cohesión territorial nas comunidades pesqueiras e acuícolas.
Neste sentido, o representante do Goberno autonómico tamén sinalou que son obxecto destas axudas aqueles proxectos que contribúan a diversificar as actividades realizadas no eido do mar, a promover a innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura e a fomentar o patrimonio cultural pesqueiro.
Bordo portuario
Gonzalo Trenor referiuse tamén ao gran investimento que a Xunta de Galicia está levando a cabo neste Concello para o acondicionamento do bordo portuario, cun investimento de 4 millóns de euros que permitirá abrir o municipio ao mar. A estimación inicial, dado o actual avance das obras é que estean rematadas a finais de 2021.

Outros artigos

Este sábado comezan as Festas Patronais de Caamaño

A parroquia sonense de Caamaño vai celebrar esta fin de semana as súas Festas Patronais 2026, entre o sábado 15 de agosto e o luns 17. A axenda vén cargada de festa e deporte e tamén de importantes actividades relixiosas. Haberá misas, ruadas, exhibicións deportivas,...

+

Avanzan as obras de mellora do peche do pavillón do IES do Son

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, realizou hoxe unha visita ao IES Porto do Son para comprobar o avance das obras de mellora que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.