Na Pobra o mercado ambulante dos mércores cambia de localización na procura dun meirande distanciamento

06 Abril 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través do seu alcalde Xosé Lois Piñeiro, vén de publicar un novo bando informativo no que comparte coa cidadanía as últimas novidades con respecto á incidencia da COVID-19 no termo municipal (á alza os pasados días) e as disposicións para pór freo aos contaxios. No bando o rexedor confirma novamente que no concello a evolución da pandemia causada pola COVID-19 “vén sendo moi desfavorábel nos últimos días”. De feito, o número de casos activos situase en 33, a incidencia acumulada chega a 355, entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.

Tendo en conta o devandito, o Concello considera que “é necesario adoptar medidas de carácter extraordinario coa intención de que contribúan a reducir o número de contaxios no noso termo municipal, ademais das xa aprobadas no bando do 3 de abril”.

Estas medidas novas afectarían en primeira instancia ao mercado ambulante dos mércores, que o Goberno local opina que pode supoñer un risco para a seguridade pola posíbel aglomeración de persoas. En base a isto, o Concello propuxo unha serie de disposicións respecto da organización do mercado, “de carácter extraordinario e sen vocación de permanencia”, xa que tan só se manterán mentres a incidencia acumulada a 14 días supere os 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Estabelécense as seguintes medidas:

Primeira. Suspéndese a realización do mercado ambulante dos mércores no lugar de instalación

habitual.

Segunda. Habilitarase un maior espazo para dar cabida ao 100% do sector da alimentación, ocupando a rúa Castelao ata a contorna da praza de abastos, asegurando desta maneira a instalación da totalidade dos postos e cunha distancia entre eles que cumpra coas medidas de prevención COVID-19.

Terceira. Os demais postos poderán instalarse na praza Alcalde Segundo Durán, que permitirá a entrada dun 50% dos habituais. Dende o Concello anunciaron que se porán en contacto coas persoas comerciantes para informar desta circunstancia.

Cuarta. Estableceranse unhas estritas medidas de vixilancia:

 Control de acceso que impedirá que se supere a cabida máxima.

 Será obrigatoria a desinfección de mans antes de entrar na praza.

 Vixiarase o cumprimento estrito das normas de prevención fronte á COVID-19.

 Estabelecerase un sentido de circulación obrigatorio para as persoas usuarias.

Quinta. Estas disposicións ficarán en vigor mentres a incidencia acumulada supere os 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. “Debe entenderse como unha alternativa ao peche total do mercado”, explicou o Concello.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.