As altas presións localizaranse ao norte da península Ibérica durante o luns, achegando estabilidade. Deste xeito os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes altas entrando dende o sur co avance da xornada. As temperaturas mínimas descenderán, quedando unha madrugada moi fría, con algunhas xeadas no interior, mentres que as máximas comezarán a recuperarse e ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente leste, con intervalos fortes no litoral norte.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do leste á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:11 | 3.7 m |
| Baixamar | 11:16 | 0.6 m |
| Preamar | 17:27 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:30 | 0.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:02 | 3.6 m |
| Baixamar | 11:08 | 0.7 m |
| Preamar | 17:20 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:22 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:07 | 3.6 m |
| Baixamar | 11:13 | 0.6 m |
| Preamar | 17:24 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:27 | 0.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



