Joaquín García, novo secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO

15 Abril 2021

O grupo de Comisións Obreiras para os nosos concellos ten nova directiva, encabezada por Joaquín García Gutiérrez, que vén de ser elixido novo secretario xeral na cuarta edición do Congreso da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO, celebrada este 14 de abril no concello de Teo. Substitúe nesta responsabilidade a Carlos Pardo, que non se presentaba a reelección.

Joaquín García, o novo coordinador de CCOO para os concellos da nosa comarca

A de Joaquín García foi a única lista que se presentou e logrou o apoio maioritario dos delegados e delegadas; máis do 80% no caso da candidatura á secretaría xeral e case o 95% no caso da comisión executiva comarcal.

Canda García integran a nova dirección comarcal Laura Cereijo Míguez, José Francisco Mirás Pérez, Rosario Regueiro Rey, Jesús Rivas Paz, Ana M.ª Riveiro Currais, M.ª del Mar Blanco Gómez e Eduardo Brión Dorca.

Obxectivos

O novo secretario xeral fixa como prioridades “formar equipos, chegar a acordos e reforzar a colaboración entre os sindicatos comarcais para sermos máis fortes”. Canto á nova executiva, García salienta o “bo equipo de traballo que me acompaña”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.