“Harmonía”. Manuel González González

06 Abril 2021


Harmonía, palabra que pode resultar poética, pero tamén pode servir para definir a
harmonización dun terreo de alto e sensible valor ecolóxico, para poder rendibilizalo,
non explotalo, de maneira social, económica e cultural. Refírome en concreto ao
Parque Natural das dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.
O próximo ano 2022 cúmprense trinta anos da conversión deste entorno de preto de
mil hectáreas en Parque Natural, causando na veciñanza do seu contorno unha gran
preocupación non exenta de polémicas polo efecto restritivo que as normas reguladoras  de conservación do entorno natural impoñían. Os propietarios dos terreos afectados, sentíndose agraviados nos usos e costumes no manexo dos seus terreos, mesmo formaron  unha asociación para defender as súas propiedades. Tamén  as zonas perimetrais terían a súa influencia en ditas normas. Falouse dalgún proxecto urbanístico nas inmediacións das dunas ou do emprazamento dun cámping nas inmediacións da praia do Vilar xunto con límites á construción e os usos e costumesque a veciñanza libremente facía do territorio como corta de xunco, corta de árbores de ribeira, limpeza e estancaxe dos ríos, caza e pesca, uso de maquinaria agravada coa libre circulación de animais salvaxes incluso algúns tan perigosos como o paxaro da morte que segundo os máis supersticiosos na casa que se pousaba de noite atraía á parca. Todo isto e máis foi creando un rexeitamento visceral á creación deste Parque por parte da veciñanza, que aínda perdura hoxe. 
Estes días encóntrase a exposición pública o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque para quen queira facer alegacións ao mesmo ou propostas. Eu faría a seguinte, dirixida ao Consello Galego de Medio Ambiente. Tamén á Xunta Reitora e ao concello de Ribeira que HARMONIZARA o territorio de tal xeito que se rendibilizara o terreo para
que todos e todas as veciñas se sentiran beneficiados, partícipes e orgullosos de vivir ao carón de un entorno idílico e natural coma este. E como do idílico so non se come, habería que plasmar un proxecto real para rendibilizar social, económica e culturalmente cunha marca propia do Parque Natural como selo de garantía das excelencias da produción que se faga. Iso si, tendo como valor engadido a economía verde ou natural con actividades que  sexan compatibles co entorno a protexer, como por exemplo a apicultura, a extracción de resina, bosques comestibles , árbores micorrizadas con setas, agricultura e gandería controlada e ecolóxica, turismo cultural e non masificado, seminarios, cursos e charlas temáticas, pedagoxía escolar, obras de rehabilitación do rural e etnográfico, mantemento do entorno, creación de manufacturas e unha infinidade de cousas que revitalizarían a economía da zona co
amparo político e económico e a titoría dos gobernos Autonómico, Central, Europeo e Municipal.
A arte de vivir en harmonía coa natureza significa vivir en paz co entorno, cun mesmo e coa comunidade global.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.