Familias da Memoria Histórica da Barbanza acoden a Vigo para ratificar a documentación da querela arxentina contra a ditadura franquista

21 Abril 2021

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza vén de dar a coñecer que diversos integrantes da plataforma van acudir este xoves 22 de abril ao Consulado de Arxentina en Vigo para ratificar a documentación presentada na querela arxentina polos crimes de lesa humanidade cometidos reiteradamente durante todo o período da ditadura fascista en España.

Na visita ao Consulado estarán presentes membros das familias Abella, Lijó e Sieira, integrantes da Memoria Histórica da Barbanza e vítimas do franquismo. Irán acompañadas por Gus Gómez de CeaQua, compañeiro de cela e amigo do finado Chato Galante. Segundo lembra a comisión, en Galicia estímase que entre os xuízos sumarísimos e as persoas paseadas poderían estar afectadas máis de 5.000 familias.

E engaden: “Un estado que se di democrático non debería ter a estas alturas esta cuestión sen resolver. Seguimos sendo unha anomalía democrática en Europa cando temos que recorrer a un tribunal internacional para que se faga xustiza porque a española segue branqueando o franquismo”.

Segundo explican, “as familias que se sumaron a esta querela o único que queren dunha vez por todas despois de tantos anos de sufrimento é verdade, xustiza e reparación”.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza manifestou que “seguirá acompañado e asesorando a todas as familias que precisen a nosa axuda nestas cuestións”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.