Este 9 de abril chega ao Lustres Rivas unha mostra de destacados artistas da nosa comarca

09 Abril 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas inaugura este 9 de abril unha nova e relevante exposición, composta por máis de 30 obras por, segundo informa o Concello de Ribeira, “un repóker de creadores da nosa comarca”. Trátase, en detalle, de Manuel Ayaso, Alfonso Costa, Xoán Fernández, Soledad Penalta e Castelao. O título da mostra: 5 artistas do Barbanza. A iniciativa vén da man da Concellería de Cultura coa colaboración do Museo do Gravado de Artes e a Asociación Cultural Barbantia.

O acto inaugural está previsto para o venres ás 20 horas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse dende hoxe chamando ao Lustres Rivas (981 835 650) ou enviando un correo a

culturaefestexos@ribeira.gal indicando nome, apelidos, teléfono e nº de asistentes.

A exposición prolongarase ata o 29 de abril. Pódese visitar, de balde, de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. O aforo é limitado e o uso da máscara protectora, obrigatorio.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...